Casa do Fieiro

Saltar navegación

Onde atoparnos

Mapa de situación O inmoble atópase situado na parte alta do núcleo rural de Fieiro, parroquia de Miñortos, no Concello de Porto do Son, Provincia de A Coruña.

O seu acceso principal prodúcese a través da estrada comarcal C-550 (faga clic para ver mapa detallado), e desde ésta, con dúas entradas atravesando o núcleo de Fieiro. Está a 5 km de Noia e a 2,5 de Portosín.

A casa está a 600 m da Praia Grande de Boa, e a menos de 2 km do Clube Náutico de Portosín.

No entorno da casa están tamén varias rutas de sendeirismo que conducen ós Miradoiros do Monte Enxa e Monte San Lois, con fermosos camiños e espectaculares vistas da Ría.

Mapa de situación Na distancia de 5 km atópanse prácticamente tódolos servizos mencionados na Guía de Turismo Rural de Turgalicia:

  • Servicios sanitarios
  • Servicios para o automóbil
  • Transportes
  • Instalacións deportivas
  • Outras actividades diversas

Os servicios de autobús están dispoñibles a 500 metros da casa.

Na marxe de 20 km atopamos hospital, así como outros servizos e actividades que completan a oferta, como os espacios naturais anteditos.

Dirección postal

Casa do Fieiro
Miñortos, Porto do Son (A Coruña) España
Tlf. : (+34) 981 821 407
Localización por GPS
Latitude 42º 46' 20'' N
Lonxitude 08º 55' 43'' W

Ver mapa detallado

Copyright © 2017 Infonova. Tódolos dereitos reservados.