Os nosos servizos
En Casa do Fieiro ofrecémosche todos os servizos de hospedaxe para que os nosos viaxeiros gocen dunha estancia de relaxación, sen ter que preocuparse por dispoñer de todas as comodidades ao seu alcance.
Ademais da hospedaxe, tamén ofrecemos servizos de restauración cun fabuloso restaurante exterior de 30 prazas, ideal para organizar o teu bautizo, comuñón ou outro evento nun espazo único.
Xunto cun aloxamento totalmente equipado, recompilamos tamén un catálogo de servizos de proximidade e media distancia que complementan a nosa oferta cunha ampla variedade de actividades deportivas, instalacións de lecer, espazos naturais e un gran número de experiencias para unha viaxe inesquecible.
