Datos de contacto

981 821 407
630 494 573

info@casadofieiro.com

O Fieiro, 12 Miñortos
15218 – Porto do Son (A Coruña)

Onde atoparnos

O inmoble atópase situado na parte alta do núcleo rural de Fieiro, parroquia de Miñortos, no Concello de Porto do Son, Provincia de A Coruña.

O seu acceso principal prodúcese a través da estrada comarcal C-550 (faga clic para ver mapa detallado), e desde ésta, con dúas entradas atravesando o núcleo de Fieiro. Está a 5 km de Noia e a 2,5 de Portosín.

A casa está a 600 m da Praia Grande de Boa, e a menos de 2 km do Clube Náutico de Portosín.

No entorno da casa están tamén varias rutas de sendeirismo que conducen ós Miradoiros do Monte Enxa e Monte San Lois, con fermosos camiños e espectaculares vistas da Ría.

Na distancia de 5 km atópanse prácticamente tódolos servizos mencionados na Guía de Turismo Rural de Turgalicia:

  • Servicios sanitarios
  • Servicios para o automóbil
  • Transportes
  • Instalacións deportivas
  • Outras actividades diversas

Os servicios de autobús están dispoñibles a 500 metros da casa.

Na marxe de 20 km atopamos hospital, así como outros servizos e actividades que completan a oferta, como os espacios naturais anteditos.

Formulario de contacto

Ante calquera dúbida ou consulta, non dubide en poñerse en contacto con nós a través de calquera dos medios indicados, estaremos encantados de atenderlle. Ademáis, poñemos á sua disposición o seguinte formulario web como medio adicional para transmitirnos o que precise.