“Fieiro: Banco de animais mariños.”
A casa e a súa finca están ubicadas no remate do núcleo rural de Fieiro, Miñortos (A Coruña), volcado sobre o mar, na parte norte da península do Barbanza.
No entorno da casa destaca a presencia da Ría de Noia, e as súas posibilidades para o Turismo Náutico, encabezadas pola proximidade do Clube Náutico de Portosín.
Ademais existe nas inmediacións da casa unha rampa e peirao que posibilitan a práctica de diversos deportes náuticos, e na que os hóspedes que o desexen poderán utiliza-las embarcacións da casa.
As 16 praias do Concello conforman un amplio, cercano e variado abano de posibilidades de lecer e deportivas todo o ano.
No referente ó Turismo da Naturaleza atopamos no contorno o Parque Natural de Corrubedo e as Lagoas de Carregal y Vixán, co Sitio Natural de A Curotiña, ou cos territorios Rede Natura de Corrubedo, e a desembocadura e esteiro do Tambre.
En canto ó Turismo Cultural no entorno da casa atópase un dos Castros mais interesantes de Galicia, e non só polo seu estado de conservación, senón tamén polos seus valores paisaxísticos, e o Castro de Baroña.
Destaca tamén a presencia da Vila de Noia, conxunto histórico artístico, e con diversos monumentos catalogados e declarados. Así mesmo o Dolmen de Axeitos define un fito arqueolóxico de primeira magnitude.